A retirada do coche chabola do Pavillón abre a ofensiva do Concello contra os coches abandonados
Por Redacción
A campaña de retirada de vehículos abandonados da vía pública comezou este venres na parcela traseira do Pavillón Municipal na que o guindastre levou un Citroen ZX que fora utilizado como chabola por unha persoa sen fogar e, explican desde o Concello, co paso do tempo converteuse nun vertedoiro.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e o xefe de servizo de Parques e Xardíns, Manuel Fontán, estiveron presentes no arranque desta campaña contra o feísmo na cidade na que están incluídos vinte coches declarados como residuos sólidos urbanos, así como a incoación de oito novos requirimentos de retirada de vehículos.
En concreto, os vehículos para os que o Servizo de Disciplina Urbanística e Medio Ambiental ten emitidas as novas resolucións de declaración como residuos sólidos urbanos foron: un Honda SFX50, abandonado na Praza de Barcelos; un Peugeot Expert 1.9, no lugar de Barragáns (Campañó); un Seat Ibiza, en Mourente; un Peugeot 306, na rúa Augusto García Sánchez; un Fiat Punto, no lugar de Soutonovo (Campañó); un Citroën C3, na rúa Raxado; un Opel Vectra, en Amado Carballo; un Audi A3, en Juan Bautista Andrade; un Renault Clio, en Pintor Laxeiro; un Opel Astra, no depósito municipal; un Peugeot 206, en Padre Fernando Olmedo; e un Ford Focus, un Peugeot Expert Combi, un Chrysler Voyager, dous Renault Clio, un Fiat Seicento Van, un Opel Astra e un Fiat Ducato,no lugar de Meán (Praceres).
No que respecta a os requirimentos de retirada asinados por Puentes nos últimos días, os turismos e camións son os seguintes: un Citroën C3, abandonado na rúa Alcalde Hevia; un Citroën C15, na avenida de Lugo; e un Ford Transit S-854, un Nissan L5009, un Nissan Eco T100 e dous Nissan L35.08, no lugar do Ponte do Couto, en Salcedo. Un destes requirimentos ten que ver cunha moto Yamaha NXC 125 abandonada na rúa de Dinamarca (Monte Porreiro).
Relacionadas:
-
Retirados quince coches abandonados nas rúas da capital nas últimas semanas
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello prepárase para retirar 37 vehículos abandonados, unha Vespino e dúas bicis
Por Redacción |
-
A nova normalidade sáelle máis cara ao departamento de Parques e Xardíns
Por Redacción |
-
O Concello declara residuos sólidos urbanos unha vintena de vehículos abandonados
Por Redacción |
-
Avanza a 'cruzada' municipal contra os vehículos abandonados na rúa coa vía libre á retirada de dez
Por Redacción |
-
Dez novos requirimentos de retirada e outras tres declaracións de coches como residuos sólidos urbanos
Por Redacción |
-
O Concello retirará de xeito "progresivo" todos os vehículos abandonados nas vías públicas
Por Redacción |