Nomean a José Manuel Duarte como novo xefe da Policía Local de Pontevedra
Por Redacción
A Policía Local de Pontevedra xa ten novo xefe. Tras un período provisional que estivo liderado por Ángel Ruibal, o Concello nomeou ao responsable deste corpo municipal.
O novo xefe será José Manuel Duarte Solla, un dos inspectores principais que tiña a Policía Local. Foi o único que se presentou ao concurso público convocado para ocupar esta praza vacante tras o nomeamento de Daniel Macenlle como director xeral de Protección Cidadá.
A súa xefatura entra en vigor con carácter inmediato, dende o momento do seu nomeamento.
Este procedemento púxose en marcha o mes pasado. Xa estaba previsto cubrir esta vacante de xeito estable, pero a crise sanitaria e a suspensión de prazos e procedementos derivados do estado de alarma, fixo retrasar a decisión.
A praza estaba circunscrita a funcionarios e funcionarias do corpo da Policía Local de Pontevedra que tiveran a categoría de inspector principal.
Relacionadas:
-
O 'caso singular' dos Duarte, dous irmáns á fronte de dúas policías veciñas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pepa Pardo reclama unha "vuelta segura" ao traballo dos funcionarios municipais
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello convoca o posto para a xefatura da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
O xefe da Policía Local de Pontevedra deu positivo por coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Ángel Ruibal asume as rendas da Policía Local de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |