A campaña do PSOE de cara o 12X terá presenza constante na rúa e acento nas políticas públicas
Por Redacción
O PSdeG-PSOE de Pontevedra entra en campaña electoral para "contribuír dende a provincia ao cambio na Xunta" o próximo 12 de xullo, levando a Gonzalo Caballero ata a presidencia dun goberno galego que, segundo o partido, "debe sumarse ao cambio" que representan o Goberno de España, a Deputación de Pontevedra e 21 concellos pontevedreses.
Para iso, o comité executivo provincial celebrou este sábado unha xuntanza telemática, baixo a presidencia do secretario xeral, David Regades, para preparar o mes de actividade no que os socialistas estarán en tódolos concellos da provincia "para facer ver á cidadanía que o cambio non só é posible, senón necesario".
"Seguimos sen estar de acordo con esta convocatoria electoral nun momento no que a Xunta de Galicia debería estar preocupándose pola saúde pública, pero unha vez feita, imos dar o máximo para mobilizar ao electorado progresista da nosa provincia que xa derrotou por cinco veces consecutivas ao Partido Popular", afirma Regades.
O socialismo pontevedrés xa formalizou a candidatura diante da xunta electoral provincial sen ningún cambio con respecto á lista presentada en abril con Gonzalo Caballero á cabeza. Ao tempo, David Regades, anunciou que estará "moi atento na vixiancia das garantías democráticas deste proceso electoral". Neste senso, expresa as súas "enormes dúbidas" polo nomeamento a dedo de 133 "coordinadores".
CENTROS DE DÍA E ESCOLAS INFANTÍS PECHADAS
A executiva dos socialistas pontevedreses recalcou que hai "amplos colectivos cabreados" no ensino, na saúde e nos servizos asistenciais galegos polo "abandono" dos centros de día e das escolas infantís, que permanecen pechadas "amosando unha gran insensibilidade cara as persoas máis vulnerables" que precisan de atención e coidados e unha "indiferencia absoluta" pola conciliación.
O secretario xeral pontevedrés anticipa que no PSdeG-PSOE "xa está a apretar o acelerador fronte a un PP que non quere campaña porque ten moito máis que agochar que amosar"..
"A día de hoxe, todo o mundo nesta provincia sabe que os concellos son a resposta aos problemas e que a única institución que os apoiou con cartos e con medios foi a Deputación de Pontevedra. Da Xunta nin un euro e tan só uns poucos paquetes de máscaras do Goberno de España aos que Feijoo cambiou a pegatina", concluíu Regades.
Relacionadas:
-
Gonzalo Caballero pedalea por Pontevedra para presentar unha estratexia global do PSOE de fortalecemento do deporte
Por Redacción |
-
O PSdeG advirte que Núñez Feijóo quere convertir o Hospital Montecelo nun negocio para "os seus amiguiños"
Por Redacción |
-
O alcalde de Caldas de Reis sinala o abandono das residencias de maiores pola Xunta durante a crise sanitaria
Por Oskar Viéitez |
-
Estiman que 15.000 fogares pontevedreses recibirán o ingreso mínimo vital
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O BNG propón crear rutas seguras entre os concellos para ciclistas
Por Redacción |
-
A metade dos colexios electorais de Pontevedra non reúnen as condicións de seguridade
Por Alejandro Espiño |
-
Caballero impulsará as políticas sociais fronte os "recortes e inacción" de Núñez Feijóo
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rafa Domínguez arranca a campaña para o 12X: "O PP é a única opción viable"
Por Redacción |
-
Luís Bará demanda máis dereitos laborais e económicos para o persoal de servizos esenciais
Por Redacción |