A Praza de Galicia renovará o seu firme na zona da parada de autobús

Por Redacción
Os traballos de reposición de firme que o Concello está a realizar por toda a cidade chegarán o próximo mércores 10 de xuño á Praza de Galicia. Vaise a actuar no treito da parada de autobús.
Os traballos implicarán o traslado provisional da parada de bus á zona norte da praza, para o que se habilitará a entrada de autobuses pola rúa Alcalde Hevia.
Durante a xornada, entre as 8.00 e as 20.00 horas, cortarase o tráfico na rúa Augusto García Sánchez, no treito comprendido entre a rúa Xeneral Rubín e a praza de Galicia, e só se permitirá o acceso a garaxes e servizos.
Estes traballos de rehabilitación en puntos nos que se ten detectado algún tipo de deterioro están incluídos no contrato de mantemento de espazos públicos urbanos.
Ademais, este luns actuarase no tramo da rúa Fernando II, previsto para a semana pasada e que quedara pendente por mor dun problema técnico.
Así, vaise a rehabilitar o treito entre Pintor R. Alonso e Fernando III O Santo, que permanecerá pechado ao tráfico durante toda a xornada agás para a entrada e saída de garaxes.