Acometen traballos para consolidar os restos arqueolóxicos de Valentín García Escudero
Por Redacción
Os restos arqueolóxicos de Valentín García Escudero van a ser obxecto dunha serie de traballos para consolidar as súas estruturas históricas e limpar todo o conxunto.
Así o anunciou o Concello de Pontevedra, que confía en poder iniciar estes traballos de mantemento nos próximos días.
Esta actuación vai orientada a revisar tanto os elementos de apuntalamento que sosteñen as estruturas como as propias estruturas, que se corresponden cos vestixios da ponte medieval do Burgo, un tramo da muralla do século XVI e o malecón portuario do XV.
Os traballos faranse empregando morteiro de cal e permitirán que o conxunto arqueolóxico se manteña en boas condicións tanto de conservación como de visibilidade.
Trátase dunha actuación que se programa de xeito periódico, ao igual que os traballos de limpeza. Estes últimos realízanse, na súa maior parte, exclusivamente de xeito manual e baixo a supervisión e indicacións do técnico municipal de patrimonio cultural, co obxectivo de non provocar ningún tipo de alteración nos distintos muros de ambos conxuntos.
A limpeza afecta tan só ás propias estruturas arqueolóxicas e á contorna máis inmediata e consiste na retirada de vexetación e na limpeza manual.
Relacionadas:
-
O CITA converterase en 2021 no Centro de Interpretación da Cidade Medieval
Por Redacción |
-
Pontevedra abre as portas do seu "patrimonio invisible"
Por Alejandro Espiño |
-
A restauración dos restos da Casa-Torre dos Montenegro rematará a vindeira semana
Por Redacción |
-
Coa limpeza a man dos restos arqueolóxicos, o Campillo de Santa María loce ante os turistas
Por Redacción |