Sae a contratación o servizo de limpeza para dependencias municipais e instalacións deportivas
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou na súa sesión deste luns o inicio do contrato do servizo limpeza para dependencias municipais e instalacións deportivas.
Este inicio de licitación realízase debido a que o anterior contrato fora impugnado pola Asociación Profesional de Empresas de Limpeza por non fixar o límite máximo de horas extras nos pregos.
Os novos pregos volven fixar dous lotes: o primeiro inclúe os mercados municipais, cemiterios, a totalidade de casas de cultura e centros sociais e as dependencias municipais; e o segundo inclúe todos os pavillóns deportivos muncipais.
O contrato ten unha duración de 4 anos e un orzamento de 2.821.067 euros.
Relacionadas:
-
A limpeza do Pavillón de Monte Carrasco de Marcón pasará a ser semanal
Por Redacción |
-
Ferrovial asumirá a limpeza das dependencias municipais a das instalacións deportivas
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello aumentará o gasto corrente en 2020 para contar con "servizos top"
Por Alejandro Espiño |
-
A empresa que limpe as dependencias municipais terá que contratar máis traballadores
Por Alejandro Espiño |
-
Preocupación entre o persoal de limpeza polo novo contrato municipal
Por Oskar Viéitez |
-
O novo contrato do lixo oscilará entre os 11 e os 13 millóns de euros anuais
Por Alejandro Espiño |