Sen cambios na lista do PP por Pontevedra, que mantén a Rueda e Lupe Murillo nos primeiros postos
Por Redacción
O Partido Popular non introducirá ningún cambio na candidatura que presentará pola provincia de Pontevedra nas eleccións galegas do próximo 12 de xullo.
Así, xunto ao propio Alberto Núñez Feijóo, que volverá liderar a lista por Pontevedra; estarán a ex alcaldesa de Vigo Corina Porro e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. Lupe Murillo, pola súa banda, ocupará o quinto posto da candidatura.
A cuarta praza será para o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, mentres que do 6 ao 9 irán outros altos cargos do goberno galego como os conselleiros de Cultura e Facenda, Román Rodríguez e Valeriano Martínez, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a viguesa Marta Fernández Tapias, directora xeral de Administración Local.
Elena Suárez (Vilagarcía) pechará os dez primeiros postos dunha lista que, no seu segundo tramo, abren o deputado Alberto Pazos (Redondela), ao que seguen José Balseiros, ex alcalde de Cerdedo; Nava Castro, directora de Turismo de Galicia; e a tamén deputada viguesa Teresa Egerique, que ocupan os postos do 11 ao 14.
A lista do PP complétase con Feli Rodríguez (Mos), Manuel Santos (Marín), Moisés Rodríguez e Belén Cachafeiro, ex alcaldes de Tui e Forcarei respectivamente, Fernando Pérez (Caldas de Reis), Ana Cristina Pérez Cabaleiro (Salceda de Caselas), María Dolores Hermelo (Cangas) e o edil pontevedrés Guille Juncal, que pecha a candidatura.
O PP destaca que esta lista por Pontevedra é unha "combinación de renovación e experiencia na xestión", xa que xunto ás novas incorporacións "hai un equipo de persoas que xa demostraron a súa valía e capacidade no ámbito local e autonómico".
Relacionadas:
-
O PP aporta "confianza, certezas e proxecto", destaca Rueda en Ponte Caldelas e Vilaboa
Por Redacción |
-
Ciudadanos retoca a súa lista por Pontevedra pero mantén a Beatriz Pino como candidata
Por Redacción |
-
Peque González será a candidata de Marea Galeguista por Pontevedra
Por Redacción |
-
O BNG ratifica as súas listas para o 12X con Bará como candidato por Pontevedra
Por Redacción |