Os vendedores da ONCE volven á rúa
Por Redacción
Os vendedores de cupóns da ONCE en Galicia volverán repartir sorte nas rúas da comunidade para partir do 15 de xuño. E farano con todo o material e información necesarios para garantir a súa seguridade para previr posibles contagios por coronavirus.
En Galicia, a ONCE conta con 700 vendedores, dos cales 230 desenvolven o seu labor na provincia de Pontevedra, 160 en Vigo e 70 na capital.
Juan Manuel Lamoso é un dos que volverá ao seu posto no centro de Pontevedra, no que acumula xa unha traxectoria de 32 anos.
"Estar na casa tanto tempo permíteche gozar da familia pero boto de menos exercer a venda a todos os meus clientes, aos máis serios e aos máis riseiros”, sinala. "Cuns falo de política, con outros do tempo e con eles o día pásaseme moi rápido”, remata.