Bueu remata o saneamento na aldea de Ermelo
Por Redacción
Félix Juncal, alcalde de Bueu, e Álvaro Otero, capataz da brigada de obras e servizos municipais, visitaron este martes as obras de ampliación de saneamento que se están levando a cabo na parte alta da aldea de Ermelo.
Con esta actuación, na que se instalarán máis de 500 metros lineais de tubaxe, xa queda rematado o saneamento de toda a aldea.
A continuación, os operarios municipais continuarán coa actuación de saneamento e abastecemento que se está levando no Camiño de Sobalo, na parroquia de Beluso, que se comezou a principios de ano e que houbo que interromper ata contar coa autorización sectorial de Augas de Galicia.
Estas obras forman parte da renovación de servizos básicos no rural, e por iso tamén se iniciará proximamente o proceso de licitación das obras de abastecemento e saneamento nas zonas de Montemogos-Vilar (Beluso) e en Castrelo (Cela), que se farán con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, que supoñen un investimento total de preto de 100.000 euros.
Relacionadas:
-
Así quedou a aldea de Ermelo, un "antes e un despois" para o "cerne do Morrazo"
Por Redacción |
-
Bueu trasladará á Xunta o problema dos cabalos salvaxes en Ermelo
Por Redacción |
-
Bueu estuda mellorar a rúa Pazos Fontenla en colaboración con Augas de Galicia
Por Redacción |
-
Rematan as obras na estrada provincial que vai de Portela a Ermelo
Por Redacción |
-
O alcalde de Bueu visita as obras de pavimenación do vial entre Outeiro e Xexide
Por Redacción |