O PP presenta unha proposta de humanización para a Rúa Almirante Francisco Regalado de Combarro
Por Redacción
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Poio ven de facer público o proxecto de humanización para unha das arterias principais de Combarro: a Rúa Almirante Francisco Regalado.
"Pretendemos dotar de maior seguridade ao tránsito peonil da zona, mellorar a convivencia dos peóns e dos vehículos e, de igual modo, lograr unha renovación da rúa de entrada a Combarro", destaca o portavoz popular, Ángel Moldes.
Con este proxecto non se perderían prazas de estacionamiento e, ao mesmo tempo, gañaríanse novos espazos de convivencia aplicando "zona 30" a toda a rúa para que os vehículos circulen a unha velocidade máxima permitida de 30 km/h e os peóns teñan prioridade.
O portavoz popular destaca que con esta reforma proxectada polo PP de Poio melloraríase a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, persoas con diversidade funcional, o tránsito de carriños de bebés, etc.
Ademáis sinalan coma vantaxe que "no entorno da Praza da Chousa gañaríase un novo espazo" especialmente nos días en que hai eventos e a rúa esta pechada para a circulación de vehículos.
O principal elemento deste proxecto de humanización sería a pedra para que a baixada principal de Combarro quede integrada co conxunto histórico, "é un proxecto integrador", salienta o PP.