Pepa Pardo reclama unha "vuelta segura" ao traballo dos funcionarios municipais
Por Alejandro Espiño
As medidas que aplique o Concello de Pontevedra ante a progresiva reincorporación ao traballo presencial dos empregados municipais deben ir "más allá" para garantir que a súa sexa unha "vuelta segura" á súa actividade laboral.
Así o reclamou a edil do PP Pepa Pardo, que instou ao goberno municipal a adoptar, entre outras cuestións, medidas adicionais no acceso e permanencia en dependencias municipais, como o uso de máscara, a toma de temperatura, a colocación de marcas no chan para fixar a distancia mínima ou a desinfección de calzado.
Os populares reclaman, neste sentido, que se impida a entrada a quen se negue a portar máscara e que esta estea colocada mentres se permaneza nas instalacións municipais, que se prohiba o acceso a quen supere os 37,5 graos de temperatura.
O protocolo municipal, segundo Pepa Pardo, "no solo se debe tener en cuenta porcentajes para la vuelta", senón que esta reincorporación "debería y debe hacerse por fases", en función da evolución da situación sanitaria e cunha duración determinada de tempo.
Ademais, a concelleira popular reclamou que se garanta a seguridade e a salubridade dos traballadores ante as obras que se están realizando en Michelena 30, porque entende que o ruído e o po xerado pola reforma "dificultan" o traballo presencial e os niveis de son "se alejan de lo adecuado".
En relación á Policía Local e Bombeiros, Pardo solicitou que pasen a ser considerados como persoal exposto ao risco, porque considera que "es una realidad" que asisten a situacións que requiren actuacións "inmediatas y no programadas".
Esta circunstancia colócalles nunha "más que posible exposición al contagio".
Relacionadas:
-
O PP pide que recoloquen aos seus concelleiros e a funcionarios municipais polos riscos das obras no Concello
Por Redacción |
-
O PP solicita protocolos para garantir a seguridade e hixiene das instalacións deportivas
Por Redacción |
-
Nomean a José Manuel Duarte como novo xefe da Policía Local de Pontevedra
Por Redacción |
-
A remodelación de Michelena 30 incluirá tamén a segunda planta do edificio
Por Alejandro Espiño |