A Lama incorpora 13 traballadores grazas ao Plan Concellos
Por Redacción
O cadro de persoal do Concello da Lama incrementouse neste mes de xuño coa incorporación de 13 traballadores que terán contrato por un período de 6 meses, grazas á liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
As primeiras tarefas que están desenvolvendo consisten na limpeza urxente das praia fluviais de Ponte Verdugo, Cambeses, Os Prados e Gaxate, así como espazos comúns en todas as parroquias, viais de titularidade municipal e traballos de mantemento en xeral.
Rematouse xa a limpeza dos parques biosaudables de Covelo e Seixido e tamén o da contorna da igrexa, no centro da vila da Lama.
A través do Plan Concellos, A Lama contratou a dous operarios de limpeza, outros dous de movementos de terra, sete peóns forestais, un conserxe de mantemento e atención do pavillón municipal e un auxiliar administrativo de reforzo para as oficinas do Consistorio.
As operarias de limpeza están contratadas por 20 horas, o 53% da xornada laboral, mentres que os operarios de movementos de terras, o conserxe e os sete peóns forestais terán unha vinculación laboral co Concello do 80% da xornada laboral, con 30 horas semanais. En canto ao auxiliar administrativo, estará contratado o 100% da xornada laboral.
Os candidatos seleccionados para desempeñar estas funcións son persoas que estaban en situación de desemprego e que foron remitidos ao Concello da Lama desde a Oficina de Emprego, que envía un mínimo de tres candidatos por posto, que logo pasaron por un proceso de selección.
Segundo informan fontes municipais, o Plan de Emprego da Deputación é unha posibilidade que ten o Concello da Lama de poder contratar persoal xa que a normativas para a estabilidade orzamentaria fan imposible outra forma de ofertar postos de traballos por parte desta administración local.
O alcalde, Jorge Canda, salientaba a importancia para os concellos modestos que a Deputación siga desenvolvendo accións que favorezan a contratación de persoal que axude ao mantemento e conservación de espazos públicos, así como ao funcionamento de bens e servizos municipais, xa que doutro xeito sería moi complicado atender todas as demandas.
Relacionadas:
-
O Concello da Lama converterá en vivendas sociais as antigas casas dos mestres
Por Redacción |
-
Os concellos reciben a subvención da Xunta para contratar persoal dedicado á prevención de incendios
Por Redacción |
-
A tarxeta Xente Nova comezará a emitirse este mércores nos concellos da área de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama limpa e desinfecta a praia fluvial de cara a chegada dos bañistas
Por Redacción |