Ponte Caldelas promete uns investimentos históricos durante el 2020
Por Redacción
O 2020 será o ano de maior investimento por parte do Concello de Ponte Caldelas da historia. Desde o goberno local destacan que teñen planificadas para este curso actuacións valoradas en 2,25 millóns de euros. Un orzamento, afirman desde o Concello, que se puido conseguir grazas "á boa xestión realizada" que serviu para conseguir "subvencións europeas en materia de mobilidade en competencia directa con municipios doutros 27 países".
"Seguimos traballando para mellorar a calidade de vida dos veciños do municipio", sostén o alcalde Andrés Díaz, quen destaca que a cifra "é histórica en Ponte Caldelas, hai que lembrar que na maioría dos mandatos de catro anos non se alcanzou un investimento deste calado".
Entre os proxectos previstos para este ano figuran: a reforma da Avenida de Galicia (431.200 euros), a mellora da estrada do Balneario (674.500 euros), continuación da estrada Ancey - Barbudo (36.200 euros), aparcamento central (77.000 euros), empedrado de beirarrúas de da Rúa da Ponte (84.000 euros), terceira fase da estrada de Laxoso (600.000 euros), senda peonil Cuñas - Parada (226.000 euros), pavimentación da rúa Manuel Cordo Boullosa (17.700 euros), acondicionamento interior e cociña da Casa do Pobo da Roca (26.700 euros), acondicionamento interior e cociña da Casa do Pobo de Regodobargo (27.900 euros), pavimentación da contorna do Centro de Saúde (27.800 euros) e equipo de son para a praza de España e a Alameda (18.500 euros).
Así mesmo, na axenda municipal figuran outros tres proxectos aínda sen orzar como a instalación de novo mobiliario público, a mellora da rúa Lepanto e a estrada provincial que discorre polo lugar de Caldelas e a terceira fase da estrada interior de Tourón.
Ademais das axudas europeas, autonómicas e da Deputación, subliñan desde o Concello que "este gran investimento será posible grazas á boa situación económica que presenta o Concello de Ponte Caldelas e á xestión transparente seria e responsable coa que traballa o goberno municipal".
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas finaliza os traballos de mellora da Casa do Pobo 'Suso Vaamonde' de Regodobargo
Por Redacción |
-
Sae a licitación a reforma da Avenida de Galicia por máis de 400.000 euros
Por Redacción |
-
A nova Senda de Parada en Ponte Caldelas avanza co estudo previo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas eliminará o pago de ata sete taxas municipais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas medra, ten 37 novos habitantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas anuncia sancións para as terrazas que incumpran horarios
Por Redacción |
-
A rúa Concepción Arenal dispón xa de dobre sentido de circulación
Por Oskar Viéitez |
-
Pequenos eventos centrarán a actividade cultural en Ponte Caldelas durante xullo e agosto
Por Redacción |