O Porto de Marín anuncia unha limpeza submarina das súas dársenas
Por Redacción
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra vén de programar para a próxima semana unha limpeza submarina de tres das súas dársenas.
A actuación realizarase na dársena de embarcacións deportivas da contorna do paseo Alcalde Blanco; a dársena do peirao pesqueiro Sur e o parque de Cantodarea; e a dársena de embarcacións menores na zona dos Praceres.
Esta actividade encádrase nas accións do proxecto Marine Litter Style (ML- Style) coordinado polo Centro Tecnolóxico do Mar - Fundación CETMAR, no que participa o Porto de Marín.
Previamente, levouse a cabo unha inspección dos fondos destas tres localizacións portuarias por parte de mergulladores para avaliar a densidade, tipoloxía e distribución do lixo mariño acumulado, así como para planificar o traballo que se vai a realizar nas xornadas de limpeza e os recursos, tanto humanos como materiais, necesarios para a súa realización.
No pasado mes de marzo, a Autoridade Portuaria xa realizara unha primeira limpeza mariña, neste caso da lámina de auga na dársena pesqueira, coa empresa de amarre e remolque Amare Marín. Entón retirouse aproximadamente un metro cúbico de material flotante, principalmente plásticos, que os ventos das últimas xornadas arrastraran ao interior do porto. O material retirado do mar foi caracterizado e separado para xestionar a parte que puidese ser valorizable, dentro dos proxectos ambientais nos que participa o porto.
Relacionadas:
-
Autoridade Portuaria e Salvamento Marítimo fan un simulacro de contaminación mariña por hidrocarburos
Por Redacción |
-
Pneumáticos, pezas de coches, restos de mobles... e todo nos fondos do porto de Marín
Por Redacción |
-
O Porto de Marín retirou máis de 18 mil quilos de lixo mariño das costas no que vai de ano
Por Redacción |
-
Nova gran operativa de graneis no Porto de Marín
Por Redacción |
-
Intensa actividade no Porto de Marín para garantir as subministracións básicas
Por Redacción |
-
A Autoridade Portuaria limpa a lámina de auga na dársena pesqueira
Por Redacción |