O Pleno de Marín aproba o Plan de reactivación do comercio local
Por Redacción
O Pleno da Corporación celebrado este xoves no Concello de Marín deu luz verde ao Plan de Reactivación do Comercio Local, un ambicioso proxecto global que comprende moitas das medidas que xa se foron executando ao longo destas últimas semanas e que traza as liñas estratéxicas a seguir de cara ao reimpulso económico da localidade.
O Plan saíu aprobado cos votos favorables do Partido Popular e o Partido Socialista de Marín e contou co voto negativo do Bloque Nacionalista Galego.
O orzamento total do Plan ascende a case 400.000 euros e contempla actuacións tanto no ámbito fiscal e tributario como no da dinamización comercial, a dixitalización e a incentivación do consumo directo nos establecementos do municipio.
Para elaborar o Plan, tivéronse en conta as achegas realizadas tanto polos grupos da Corporación Local, que se reuniron nunha primeira sesión da Mesa de Traballo articulada para este fin, como as das asociacións de comerciantes Estrela de Marín, Acemas (de Seixo) e da Praza de Abastos.
As primeiras medidas abordadas son as axudas en materia tributaria, a dotación de material de prevención e a creación de "Marín en Rede", unha plataforma online cun directorio, dividido por sectores, dirixido a todos os negocios da vila, no que potenciar a visibilidade e a dixitalización dos mesmos.
Entre as medidas para desenvolver proximamente está a de potenciar o traballo das asociacións e por iso o Plan de Reactivación reserva unha partida de cerca de 20.000 euros a potenciar e visibilizar as campañas que plantexen os tres colectivos da vila referentes neste ámbito: Estrela de Marín, Acemas e a Asociación da Praza de Abastos, así como co coletivo de hostaleiros.
Ademais, se algo evidenciou a crise sanitaria da COVID19 nestes sectores é a necesidade de apostar polo mundo dixital e todas as súas posibilidades. Por iso e como resposta á demanda dos propios actores sociais implicados, deseñaranse módulos de formación de diferentes niveis para aqueles comercios interesados en adoptar competencias en dixitalización, márketing e novas tecnoloxías. Para este eixo de traballo establécese un orzamento de 75.000 euros.
Outra das liñas de traballo e o deseño de formas de reactivar de xeito directo o consumo a través de bonos, vales, cheques regalo... Algún tipo de ferramenta que axude á veciñanza a ter incentivos para mercar máis no seu comercio local. Destinaranse a este obxectivo cerca de 45.000 euros.
E finalmente encargarase un estudo de viabilidade por se é posible ampliar o horario tanto da propia hostalaría como das terrazas e proporanse actividades de dinamización cultural e de animación nas rúas para así axudar á dinamización dos locais, fomentando a compra e atraendo non só a habitantes de Marín senón tamén de Concellos cercanos.
Tamén estase a traballar na reapertura do mercadillo de Seixo unha ou dúas veces ao mes, estudando a exención da taxa pola ocupación da vía pública e un posible cambio de ubicación no caso de que sexa un día de semana. Para estas cuestións, xunto co encargo da xestión do Plan para traballos de consultoría, destinaranse sobre 75.000 euros.
Tal e como adiantou o Concello, este plan poderá ter modificacións nas cantidades previstas, implantando novas accións ou ampliando e mellorando as que xa están postas en marcha, "dependendo de como evolucione a situación económica" nos próximos meses.
Relacionadas:
-
O BNG chama á solidariedade de Marín para apoiar o comercio local fronte a Amazon ou Aliexpress
Por Redacción |
-
Recoñecemento ás terrazas de Marín para comprobar se son anti Covid-19
Por Redacción |
-
E cinco anos despois, Seixo celebrou o seu mercadillo
Por Redacción |
-
Seixo recupera o seu mercado ambulante este luns
Por Redacción |
-
Marín recupera o mercado ambulante de Seixo con 17 postos
Por Redacción |
-
O Concello de Marín supervisa a colocación de terrazas
Por Oskar Viéitez |
-
Marín lanzará no verán Stock Marín, a súa propia feira de oportunidades
Por Redacción |
-
Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción |
-
O luns abre o prazo para que a hostalería de Marín solicite a ampliación de terrazas
Por Redacción |
-
Nace 'Marín en Rede', un espazo para dixitalizar o comercio e a hostalería local
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |