O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor volve recibir visitas este sábado
Por Redacción
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor abrirá as súas portas este sábado, pero haberá modificacións no funcionamento habitual deste lugar para cumprir coas normas da desescalada.
O horario de apertura do centro, que permanecerá activo ata o 13 de setembro, será de 11.30 a 13.30 horas e de 18 a 21 horas de martes a domingo.
Estarán permitidas as visitas en grupo sempre que haxa reserva previa un máximo de dez participantes. Ademais desenvolverase exclusivamente no exterior do centro, nas rocas con mostras de arte rupestre. O horario para estas actividades será ás 12.30 ou 20 horas e terán unha duración de 30 minutos. Tamén se manterán os roteiros nocturnos que terán lugar cada dous venres ás 22.30 horas.
Antes desta reapertura, realizouse unha desinfección do complexo e instaláronse biombos no mostrador para atender aos visitantes. O público terá que facer uso obrigatorio de máscara nas visitas.
A reserva poderá tramitarse a través do correo electrónico petroglifos.mogor@gmail.com ou entre martes e xoves no teléfono 647 368 939.
Relacionadas:
-
O Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor apura os últimos días do seu horario de verán
Por Redacción |
-
O CIP de Mogor mantén a súa oferta diúrna e nocturna, con grupos reducidos, en agosto
Por Redacción |
-
O PAAR de Campo Lameiro presenta a súa programación de verán
Por Redacción |
-
A metade das bandeiras azuis en Galicia ondearán en praias de Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor retomará a súa actividade o 13 de xuño
Por Redacción |