Bará avoga por recuperar o proxecto do 'Viario do Vao' para aliviar o tráfico na Barca
Por Redacción
O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, protagonizou este sábado un acto na rotonda da ponte da Barca, en Poio, onde defendeu a idoneidade de retomar o proxecto do 'Viario Norte' para aliviar o tráfico e poder urbanizar "con calidade" a zona.
Bará sinalou que máis aló de actuacións "parciais" como as que desenvolveu nos últimos anos o goberno autonómico, a formación nacionalista cualifica como imprescindible "activar un proxecto que leva parado once anos, que é o Vial Norte ou Vial do Vao".
Desta maneira "converteriamos a estrada nunha rúa, de maneira que se integre na trama urbana, que sexa unha zona urbanizada de calidade, con características plenamente urbanas e non dunha estrada de paso como é agora" ao permitir desviar boa parte do tráfico rodado que soporta hoxe en día.
O candidato nacionalista pola provincia nas próximas eleccións autonómicas defendeu ademais que é necesario acometer canto antes medidas de redución de velocidade nesta zona "porque tal como está agora a PO-308 está habendo continuamente accidentes e atropelos e é unha situación que non se pode consentir".
Luís Bará realizou estas declaracións acompañado das concelleiras Marga Caldas e Raquel Fernández, ademais de militantes do BNG, nun acto no que tamén defendeu a necesidade de elaborar un novo Plan Xeral de Seguridade Viaria para a rede de estradas autonómicas que terá como obxectivos prioritarios mellorar a mobilidade peonil e ciclista e resolver a violencia viaria localizada nas travesías urbanas.
Relacionadas:
-
O 'espírito de fraternidade' de Castiñeiras para mobilizar ao electorado do BNG no 12X
Por Redacción |
-
Bará prevé un resultado "histórico" para o BNG nas eleccións galegas
Por Alejandro Espiño |
-
Montse Prado, candidata do BNG, pide a anulación das "taxas abusivas" de Portos de Galicia ás terrazas
Por Redacción |
-
Un 'Amazon galego' e axudas aos autónomos, apostas de Bará para o comercio post Covid-19
Por Redacción |
-
Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra, expón as propostas do seu partido para a mocidade
Por Redacción |