Pontevedra estuda aforos e protocolos dos centros sociais para a súa reapertura
Por Redacción
O Concello de Pontevedra prepárase para reabrir, cando estea permitido, os centros sociais de titularidade municipal.
Segundo informou o goberno local, nestes momentos están a estudarse os espazos e aforos dos 29 locais municipais, na maioría de casos xestionados directamente por asociacións e entidades ofertando un importante número de actividades cultrales, sociais e formativas en barrios e parroquias.
O obxectivo, aseguran, é que no momento no que se permita a súa reapertura cada unha destas instalacións conte cun informe que determine o aforo permitido nos distintos espazos e os protocolos para seguir para retomar as actividades.
A análise está a realizalo unha empresa especializada en plans de seguridade.
Os locais que está a ser sometidos a estudo son: Centro Cultural de Monte Porreiro, Centro Cultural A Devesa, Centro Cultual Pío Bora, Centro Cultural Cons - Mourente, Centro Cultural Acevedo, Centro Cultual Tomeza, Local Social Santa Maria de Xeve, Centro Cultural San Roque, Centro Social Gorgullón, Centro Social Leste, Centro Cultural Pontemuíños, Centro Cultural Ponte Sampaio, Centro Social Salcedo - Casa Verde, Centro Social Salcedo - antigo preescolar, Casa de Cultura Campañó - Cabaleiro, Casa de Cultura Campañó, Centro Cultural Sabarís, Centro Cultural Canicouva, Centro Cultural Salgueiral, Centro Etnográfico Santa María de Xeve, Local Social Fragoso, Centro Cultural Santo André de Xeve, Local Social Reariz, Centro Social O Burgo, Centro Social de Estribela, Centro Social de Cerponzóns, Casa da Cultura de Lérez, Centro Sur e o Pazo de Mugartegui.