Terceira xornada consecutiva con 8 casos activos e sen novos contaxiados de Covid-19 na área sanitaria
Por Diego Espiño
Por terceiro día consecutivo a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés presenta as mesmas cifras no balance de afectados polo coronavirus.
Así, segundo os datos ofrecidos este domingo 14 de xuño pola Consellería de Sanidade, a área pontevedresa mantén activos 8 casos de Covid-19 ao non rexistrarse nin altas epidemiolóxicas nin novos contaxios no último parte oficial.
Todas as persoas afectadas evolucionan nos seus domicilios, polo que os hospitais da comarca suman un día máis sen ter que atender a pacientes con positivo activo.
Ao non contabilizarse altas, o número de curados desde o inicio da pandemia mantense en 891, do mesmo xeito que a cifra de falecementos asociados ao Covid que desde hai semanas é de 16.
A nivel galego, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 351, polos 359 do sábado. Deles 109 son da área da Coruña, 21 da de Lugo, 27 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 343 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na comunidade hai un total de 10.486 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 158.324 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,02% do total das persoas residentes. En toda Galicia hai 7 usuarios e 7 profesionais de centros residenciais contaxiados e rexistráronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
Relacionadas:
-
A área sanitaria mantense nos 7 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de Covid-19 baixan a 7 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria estáncase nos 8 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Quinto día sen rexistrar contaxios de Covid-19 na área sanitaria, onde permanecen activos 8 casos
Por Diego Espiño |
-
Así será a nova normalidade no deporte: eventos con público e aforo máximo do 75%
Por Redacción |
-
Balance diario Covid-19: Sen altas nin novos contaxios e con 8 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A incidencia do coronavirus na área sanitaria redúcese ata os 8 casos activos
Por Diego Espiño |
-
O primeiro paciente galego con síntomas de coronavirus sitúase en Pontevedra o 15 de xaneiro
Por Natalia Puga |