Cuntis asegura que cumprir as medidas para reabrir os parques é "inviable cos actuais medios e recursos"
Por Redacción
O goberno municipal de Cuntis mostrou este domingo o seu "absoluto desacordo" con algunhas das disposicións recollidas este sábado no Diario Oficial de Galicia (DOG) como normativa á acollerse coa entrada na denominada nova normalidade.
Segundo a vila termal "as administracións locais de pequeno tamaño como Cuntis non terán capacidade para facelas cumprir ou directamente a súa posta en práctica é inviable cos actuais medios e recursos".
En concreto o goberno local presidido por Manuel Campos fai fincapé nas dúbidas que lle supón o control de aforo nos parques infantís ou de que maneira garantirase a hixiene e desinfección. "Poñeremos un capacho con auga e xabón?", preguntan con sorna.
Ao similar, aseguran, sucede coas instalacións deportivas.
Ademais Cuntis pon o foco nas ludotecas, ás que "non se lle fai ningunha referencia" deixando tanto o Concello como ás familias "nun escenario de total incerteza ao non saber se se vai poder renovar a súa actividade de fronte as próximas semanas e o verán".
Relacionadas:
-
Cuntis, Caldas, Portas, Moraña e Barro manterán pechados parques infantís e piscinas municipais todo o verán
Por Redacción |
-
Os socialistas critican á Xunta por abrir os parques infantís sen contar cos concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Tímida chegada da 'nova normalidade' aos parques: "Non se podía vir porque o coronavirus é malo, sobre todo para os avós"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Poio tampouco abrirá os parques infantís este luns e aposta por facelo de "xeito gradual e progresivo"
Por Redacción |
-
Pontevedra decide manter pechados unha semana máis os parques infantís
Por Redacción |
-
Apertura de parques infantís e aforos ao 75%, así será a entrada na 'nova normalidade' a partir do luns
Por Redacción |
-
Marín desinfecta os parques infantís de cara á súa reapertura esta fin de semana
Por Redacción |