A Xunta e a Deputación continúan coa limpeza das estradas
Por Redacción
Tras a situación de alarma xerada pola COVID-19 e a progresiva reincorporación do persoal de infraestruturas, o goberno da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia xa teñen en marcha un novo plan de mantemento e limpeza de brozas nos viarios.
Segundo informou a Deputación este domingo, trátase dun programa calendarizado que suporá ata fin de ano máis de 700 actuacións nas 371 estradas que dependen da institución. Así mesmo, deseñouse para garantir a seguridade do persoal, durante o confinamento e as fases de desescalada, e a exclusiva atención das emerxencias nos viarios provinciais.
Coa súa progresiva reincorporación, determinouse esta nova calendarización do traballo de mantemento e limpeza de brozas que xa se está a executar desde fai unhas semanas.
O cronograma de actuacións, comunicado a cada concello e que será flexible atendendo a diferentes circunstancias, marca unha distribución territorial en tres areas de actuación na provincia: Zona Norte, Zona Centro e Zona Sur que, amais, dispoñen de brigadas específicas, polo que o coñecemento sobre o terreo é total.
Xunta de Galicia
Pola súa banda, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, xa comezou coas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público en 30 vías autonómicas das catro provincias galegas para previr incendios e reforzar a seguridade viaria.
Segundo informou a Xunta, as actuacións que afectarán á comarca, desenvolveranse a partir do luns na PO-250, en Redondela e Ponte Caldelas; e na PO-241, en Ponte Caldelas.
As tarefas centraranse na retirada das especies máis propensas á propagación do lume, reducirase o uso de herbicidas, e acondicionaranse as zonas verdes e senllas peonís para que estean en condicións adecuadas.
Relacionadas:
-
Batería de obras en cinco estradas autonómicas entre Pontevedra e Vilagarcía
Por Redacción |
-
O Goberno provincial aproba axudas por uns 3 millóns de euros no marco do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis inicia a campaña primaveral de rozas en pistas e camiños municipais
Por Redacción |
-
Caldas de Reis rozará ata xullo todas as estradas, pistas e camiños do municipio
Por Redacción |
-
É a quenda da limpeza e da roza no rural de Marín
Por Redacción |