Que esta pandemia xerada pola COVID19 dea lugar a unha sociedade con cambios definitivos é impensable. Con este punto de partida mantemos unha charla con Xesús Lage, profesor de Socioloxía naFacultade de Ciencias Sociais e Comunicación do Campus do Pontevedra para esta segunda entrega de Mentres isto dure.
Abordamos cuestións como o medo, o risco e a incertidumbe na sociedade actual; do reforzamento ou debilidade da cohesión social, do futuro da sociedade globalizada, ou das formas de socializar, "esta pandemia reafirma valores e comportamentos que poñen á familia, como institución, nun primeiro plano" sinala Lage, considerando que cuestións como a dependencia ou a conciliación evidencian a necesidade dunha revisión social.
Tamén nas relacións sociais inciden o teletraballo e na formación educativa non presencial, serán definitivos ou non?, "a docencia física é insustituíble, a todos os niveis", asevera. Preguntamos igualmente polo uso e papel das redes sociais como ferramentas de socialización, a permeabilidade da crispación política na sociedade, ou a repercusión internacional de protestas pola morte en Estados Unidos de George Floyd.
Explica este sociólogo en PontevedraViva Radio que "as ganas de saír e esquecer isto tamén se reforzan enormemente, pero hai que manter o sentidiño mentres non apareza unha vacina e que esa vacina chegue a toda a poboación, non imos poder pasar páxina. E unha cousa é o aspecto sanitario e outra o económico que aínda temos que sufrilos".