Luz verde ás obras para completar a rede de abastecemento en Marcón
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno local do Concello de Pontevedra deu luz verde ás obras para completar a rede municipal de abastecemento de auga na parroquia de Marcón e nun lugar da parroquia de Mourente
Segundo informou a portavoz do Goberno local, Carme Da Silva, o importe desta actuación é de 551.366 euros e dará servizo, unha vez que terminen as obras, aos lugares de Ría de Abaixo, Albeiro e Vilafranca, na parroquia de Marcón e Moldes, na de Mourente.
Con estes traballos van estar en execución máis de 35 millóns de euros en obras de abastecemento de auga no termo municipal de Pontevedra.
Supón ademais que quedará cuberto na súa práctica totalidade o abastecemento de auga potable á parroquia de Marcón. Da Silva subliñou a importancia de garantir este servizo, en canto significa cumprir cun dos principios de ONU-Hábitat.
"Un salto cualitativo e cuantitativo grandísimo para dar servizo de toda a poboación do concello en algo tan fundamental", valorou Carme Dá Silva.
ESTUDO DE EFICACIA
Carme Da Silva, que é a concelleira responsable do Ciclo da auga, avanzou que "en breve" dará conta dos estudos elaborados para analizar a eficacia deste servizo durante o pasado ano 2019. Nun pequeno avance adiantou que "temos un servizo enormemente eficaz" cunhas perdas de auga por fugas na rede pública municipal que apenas chegan á 3,4% da auga fornecida na cidade do Lérez.
Relacionadas:
-
Millón e medio de euros para levar a subministración de auga a 320 vivendas de Tomeza
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan os traballos para dotar de auga potable á parroquia de Bora
Por Redacción |
-
O goberno local de Pontevedra completa a licitación da totalidade da rede de abastecemento de Mourente
Por Oskar Viéitez |
-
Todas as vivendas de Bora terán saneamento e abastecemento en 2022
Por Alejandro Espiño |