Aprobado o convenio municipal para financiar o albergue de Calor e Café
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno Local aprobou este lunes o convenio de colaboración entre o Concello de Pontevedra e a sociedade San Vicente de Paúl para financiar o funcionamento do albergue para persoas sen teito Calor e Café, situado na rúa Casimiro Gómez.
Segundo informou a concelleira portavoz do Goberno local, o acordo contempla unha achega económica de 23.000 euros para este ano por parte da Administración municipal, que se destinará a cubrir os gastos de mantemento do inmoble de 126 metros cadrados onde se proporcionan servizos de aloxamento, almorzo, cea e atención a persoas transeúntes que se atopan en risco ou situación de exclusión social.
Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Paloma Castro, o albergue, que conta con capacidade para unhas 15 persoas, ten contratados unha educadora social, monitores e vixiantes para garantir a seguridade dos usuarios, apoiados por numerosos voluntarios organizados en quendas en función das necesidades persoais e familiares.
Para poder durmir nas súas instalacións hai que cumprir cunha serie de normas básicas, entre elas un horario específico de acceso (entre as 21.00 e as 22.00 horas) e saída (hai que abandonalo pola mañá) e a prohibición de fumar e de consumir alcohol ou drogas no seu interior. O almorzo e a cea está incluídos na estancia. O albergue dispón de duchas e os servizos de aseo e alimentación están tamén a disposición de persoas que se queden a durmir.
Castro constatou que, co peche do albergue provisional do Multiusos da Xunqueira, 16 das 23 persoas que o estaban usando foron derivadas aos albergues de Cáritas e de Calor e Café, que reabriron ao 50% da súa capacidade.
Relacionadas:
-
Cáritas fai un chamamento aos pontevedreses para financiar as obras do albergue
Por Oskar Viéitez |
-
Cáritas avanza no proxecto para converter a sede de Joaquín Costa nun gran centro asistencial: tamén terá vivendas tuteladas
Por Redacción |
-
Cáritas rehabilitará a súa sede en Joaquín Costa para trasladar o albergue para persoas sen fogar
Por Manu Otero |
-
Pontevedra solicitará á Xunta unha achega de 1,7 millóns de euros para Servizos Sociais
Por Redacción |
-
Dous de cada tres usuarios dos albergues durante o estado de alarma levan máis de 3 anos vivindo na rúa
Por Redacción |
-
O Multiusos da Xunqueira remata a súa función como albergue para persoas sen fogar
Por Redacción |
-
Pontevedra aprobará un novo convenio para o mantemento do albergue de San Javier
Por Redacción |