Grupos reducidos, distancia, máscara... así serán os campamentos de verán
Por Redacción
A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, presentou este luns a campaña de verán para este 2020, que baixo o nome "O verán que necesitas" pon á disposición da mocidade 6.872 prazas en diferentes actividades e campamentos de verán.
A proposta de actividades, que comezarán na segunda quincena de xullo e se prolongarán ata comezos do mes de setembro, inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado, e como novidade, minicampamentos e prazas en residencia xuvenís.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde que rexe a solicitude de praza para os campamentos en Galicia. Deste xeito, o prazo de solicitude abrirá este martes e terá unha duración de sete días hábiles. A conselleira destacou que o número de prazas é inferior á de anos anteriores debido á limitación do aforo establecido polas autoridades sanitarias por mor da covid-19, pero que se conseguiu unha cifra relevante grazas á incorporación de instalación como as diferentes residencias de tempo libre de Galicia.
Entre as novidades deste ano está o incremento da variedade das actividades con campamentos de cociña no Centro Superior de Hostalería de Galicia, campamentos vinculados ao ámbito aeronáutico, á tecnoloxía ou ao coidado do medio ambiente, a posibilidade de que entidades xuvenís e grupos de mozos poidan realizar actividades propias en residencias xuvenís de Lugo e Ourense e minicampamentos de cinco días, de luns a venres, en establecementos turísticos.
Así mesmo, Fabiola García sinalou que un ano máis poderán participar todas os mozos de Galicia con independencia das súas capacidades ou necesidades especiais.
Neste sentido, lembrou que existe unha convocatoria específica para as persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos dotada este ano con 132 prazas.
PROTOCOLO ESPECÍFICO
A conselleira asegurou que este programa pretende agradecer a nenos e pais o esforzo realizado durante os últimos meses de confinamento. Baixo o nome "O verán que necesitas", esta campaña permitirá darlle as familias un servizo de conciliación atendendo sempre ás medidas de hixiene e seguridade que require a actual situación.
Por iso, esta decisión foi consensuada co Comité Clínico, o cal ve viable a súa realización sempre que se garantan as medidas establecidas polas autoridades sanitarias como a redución do aforo nas instalacións para manter o distanciamento de 1,5 metros, o reforzo do persoal monitor, que permitirá traballar en grupos máis reducidos nas actividades e o incremento das medidas hixiénico sanitarias.
Entre as novidades da solicitude, as familias deberán entregar unha declaración responsable sobre a saúde dos participantes, e a súa incorporación aos campamentos será "escalonada", ademáis empregarase a mascarilla cando non se garanta a distancia de seguridade.
Relacionadas:
-
Carballedo, Tenorio e Cerdedo contarán cun programa de conciliación en agosto
Por Redacción |
-
Ameazan con demandar a Educación se non cede os colexios para as ludotecas de verán
Por Redacción |
-
Suspenden a iniciativa lúdica estival para escolares Campalledo 2020
Por Redacción |
-
Marín suspende os campamentos de verán ante a crise sanitaria da COVID-19
Por Redacción |
-
Un verán sen campamentos na Lanzada
Por Oskar Viéitez |