Un incidente nunha caldeira de ENCE provoca irritacións respiratorias en veciños da Parda e Juan Carlos I
Por Alejandro Espiño
Un cheiro "forte e desagradable" que provocou irritacións respiratorias entre os veciños da Parda e Juan Carlos I. ÿ a principal consecuencia para a cidadanía do incidente que se produciu este domingo nunha das caldeiras de Ence. Así o desvelou a portavoz do goberno municipal, Carme da Silva, quen explicou que Policía Local e Bombeiros despregaron un amplo dispositivo de urxencia ao pensar inicialmente que se trataba dunha fuga de gas.
O suceso produciuse sobre as nove da noite. A voz de alarma dérona varios veciños da zona coas súas chamadas á Policía Local e ao 112. Os Bombeiros de Pontevedra inspeccionaron os alrededores para detectar a orixe deste cheiro, pero sen éxito. Non foi ata máis tarde, segundo Carme da Silva, cando se soubo "que tiña a súa orixe nun incidente en Ence", do que a empresa non informara "debido a que o considerou un asunto interno".
Con posterioridade, a empresa informou que se tratou do mal funcionamento dunha caldeira, pero "consideraron que non revestía a relevancia necesaria para activar os protocolos de emerxencia exterior, xa que foi controlado cos propios medios da factoría". A información da que conta o goberno municipal "é moi pequena", dixo a concelleira, pero en todo caso "se produciron máis emisións á atmosfera das normais, que xa son bastantes".
Da Silva esixiu á empresa a que "adopte todas as medidas necesarias" para evitar que se volvan a producir sucesos similares, e polo menos, no caso de que sexa así que avisen con premura aos servizos de urxencia municipais "para que eles teñan a información necesaria e non se vexan obrigados a averiguar inútilmente a orixe dun cheiro que provén desta factoría".
APDR ESIXE SANCIÿNS PARA ENCE
Ante este incidente, a APDR insiste en que a presenza de Ence en Lourizán "supón un grave perigo para o conxunto da cidadanía", que resulta "evidente" que o emprazamento de Ence na Ría é "absolutamente desaxeitado" e que a empresa segue sen poñer en funcionamento os protocolos que alerten á poboación no caso dun escape.
Desde APDR esixen á Xunta de Galicia que tome medidas "para evitar o risco que supón a presenza do complexo", que impoña a correspondente sanción e que, en base á incidencia ambiental "impida calquera prórroga de ENCE máis alá do 2018". Ademais, piden ao Concello de Pontevedra que "tome todas as medidas que estean na súa mán para sancionar a Ence e impedir que feitos coma este se poidan repetir no futuro".
Relacionadas:
-
Lores: "Temos case 9.000 parados, non vamos a resolver o problema do paro con 200 traballadores de ENCE"
Por Diego Espiño |
-
Estudan expedientar a ENCE pola "fuga de gases" que provocou problemas respiratorios na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
ENCE pide desculpas polo seu "episodio oloroso" pero asegura que non supuxo "ningún risco" para a cidadanía
Por Redacción |