Cambio de localización de tres colexios electorais de Marín
Por Redacción
Durante o Pleno extraordinario celebrado este luns 15 en Marín para realizar o sorteo dos integrantes das mesas electorais para a convocatoria dos comicios autonómicos do próximo 12 de xuño decidíanse cambios que afectan a tres colexios electorais do municipio.
O motivo destes cambios atópase nas esixencias de espazos e de distanciamento pertinentes que se establecen desde a Xunta de Galicia para garantir as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias para evitar que se rexistren casos de contaminación da Covid-19.
Por esta causa, as catro mesas que se instalaban habitualmente na Biblioteca Municipal Vidal Pazos pasarán ao andar baixo do edificio do Concello. Dúas mesas que se instalaban no interior do IES Illa de Tambo e dous da residencia da Terceira Idade montaranse todas no pavillón do instituto Illa de Tambo.
Por último, as dúas mesas electorais da Cámara Agraria trasládanse ao Multiusos da Praza de Abastos de Marín.