Comezan os desbroces manuais dos camiños dos 33 lugares de Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas comezou este luns cos traballos de desbroce manual que chegarán a todos os camiños dos 33 lugares do rural de Ponte Caldelas.
As dúas brigadas que realizan estes traballos repartíronse polos lugares de Laxoso e Silvoso e irán avanzando polas diferentes aldeas do municipio según vaian rematando.
Ademais dos camiños públicos, tamén se desbrozan todos os parques infantís, as áreas de recreo e os recintos das Igrexas. Os traballos manuais dos operarios compleméntanse cos desbroces que se fan á beira das estradas cos dous tractores municipais.
Este ano, debido á Covid-19, o inicio destas labores adiouse, pois en 2019, a estas alturas do ano "xa estaban desbrozados a metade dos lugares do municipio".
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, salientou que "o rural de Ponte Caldelas é un tesouro que debemos coidar".