Reclaman que reparen "urxentemente" o carril bici pola beira do Lérez
Por Redacción
Ciudadanos presentou un escrito no rexistro municipal para instar ao Concello a reparar "urxentemente" as deficiencias que existen no carril bici que transcorre polas inmediacións do río Lérez, entre a ponte dos Tirantes e Monte Porreiro.
Os responsables do partido fanse eco así das queixas veciñais acerca do estado do paseo, sobre todo aqueles que son usuarios de vehículos sen suspensión como patíns, patinete ou bicis, entre os que se produciron varias caídas polas fochancas.
Ademais, denuncian que o asfalto elevouse nalgúns tramos e noutros empeza a racharse, polo que Ciudadanos pide que se arranxe para evitar maiores danos.
A intención da formación que en Pontevedra lidera Goyo Revenga é que se mellore este carril bici, de forma que teña unhas óptimas condicións de uso e que o seu trazado sexa homoxéneo e non estea formado por parches.