Estudantes do Sánchez Cantón impóñense na fase galega do certame CanSat da Axencia Estatal Europea
Por Redacción
O equipo 'Los Tecnológicos', do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, foi proclamado vencedor da fase rexional galega do certame CanSat, promovido pola Axencia Estatal Europea.
Trátase dun concurso no que os equipos participantes realizan todas as fases dun proxecto espacial real, desde a elección dos obxectivos da misión ata o deseño do CanSat, un proxecto de simulación real dun satélite integrado no volume e forma similar ao dunha lata de refrescos. O desafío para os estudantes consiste en introducir nun espazo reducido os principais subsistemas dun satélite que se lanza cun foguete ata unha altitude aproximada dun quilómetro e, a partir de aí, comeza a misión práctica: conseguir a execución dun experimento científico, logrando unha aterraxe sen danos e a análise de datos recompilados durante o descenso.
Agora, o equipo gañador viaxará a Granada para lanzar o seu CanSat na fase nacional da competición o día 15 de xullo, se a situación o permite. De non ser posible enviará o seu satélite para que sexa lanzado polo equipo de Esero España, organizador do certame, con seguimento en remoto desde Galicia.
Ademais de 'Los tecnológicos', outro equipo do Sánchez Cantón, o 'STEMozas', levou o terceiro premio na categoría absoluta entre as 14 propostas participantes.
A eliminatoria da fase rexional de CanSat, xestionada en Galicia pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, estaba prevista para o 21 de marzo, pero non puido celebrarse pola situación de confinamento. Por este motivo, a valoración dos proxectos dos equipos de estudantes participantes realizouse de acordo ás memorias técnicas presentadas polos equipos.
A relación de premiados varios equipos máis do instituto pontevedrés recibiron un recoñecemento, como o 'Sputnik' como terceiro na categoría de logro técnico; o equipo 'ObjetivoEUROPA' como primeiro premio en valor científico do proxecto; e 'S_ al_cubo', distinguido na categoría de difusión.
Relacionadas:
-
Un equipo da Xunqueira I compite na fase galega do certame espacial europeo Cansat
Por Redacción |
-
Tres centros educativos pontevedreses conseguen catro premios en concursos da Xunta para estudantes
Por Redacción |
-
O ministro e astronauta Pedro Duque recibe aos alumnos do IES Sánchez Cantón que crearon catro satélites
Por Redacción |
-
Do instituto Sánchez Cantón á carreira espacial
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |