A área sanitaria estáncase nos 8 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño
Unha xornada máis, e van cinco, Pontevedra e O Salnés rexistran o mesmo número de afectados por coronavirus, con 8 casos activos.
Así o reflicte o balance diario deste martes 16 de xuño da Consellería de Sanidade para a área sanitaria pontevedresa, que parece terse estancado e onde con respecto ao luns non se produciron variacións nin no que respecta a altas epidemiolóxicas nin tampouco a novos contaxios, sendo o sexto día consecutivo sen que se reporten novos test positivos.
Desta forma, sen pacientes con positivo activo ingresados nos centros hospitalarios, todos os afectados evolucionan nos seus domicilios.
Desde o inicio da pandemia curáronse na área sanitaria 891 afectados de Covid-19, e producíronse 16 falecementos asociados co virus.
Pola súa banda a nivel autonómico, segundo a última actualización da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 349, un máis que luns. Deles 109 son da área da Coruña, 19 da de Lugo, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 142 da área de Vigo, 33 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 341 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, na comunidade hai un total de 10.491 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 159.799 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 0,02% do total das persoas residentes. En toda Galicia hai 5 usuarios e 6 profesionais de centros residenciais contaxiados e rexistráronse 132 falecementos en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.
Relacionadas:
-
A área sanitaria mantense nos 7 casos activos de coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Os casos activos de Covid-19 baixan a 7 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Quinto día sen rexistrar contaxios de Covid-19 na área sanitaria, onde permanecen activos 8 casos
Por Diego Espiño |
-
Terceira xornada consecutiva con 8 casos activos e sen novos contaxiados de Covid-19 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
Balance diario Covid-19: Sen altas nin novos contaxios e con 8 casos activos na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
A incidencia do coronavirus na área sanitaria redúcese ata os 8 casos activos
Por Diego Espiño |
-
O primeiro paciente galego con síntomas de coronavirus sitúase en Pontevedra o 15 de xaneiro
Por Natalia Puga |