As antigüidades regresarán á rúa Serra o próximo domingo

Por Redacción
O tradicional mercado de antigüidades que, como era habitual antes da pandemia, se celebra cada domingo na rúa Serra regresará ás inmediacións da praza de abastos o 21 de xuño.
Estarán habilitados un total de 39 postos de venda que deberán gardar entre si unha distancia lateral de 3,5 metros e frontal de 6 metros.
Haberá tamén un itinerario con sentido único de circulación, delimitado mediante cinta de precinto, previndo deste xeito as posibles aglomeracións de clientes.
Outros dos requisitos consisten na instalación de dispensadores de hidroxel nas zonas de entrada e saída e a colocación de plásticos que cubran os artigos á venda nos postos, obrigando a que sexa só o vendedor o que manipule os obxectos que interesan aos clientes.
Ademais todo o mercado contará cos mesmos protocolos de seguridade aplicados nas feiras da Xunqueira e de Estribela, segundo garante a edil de Promoción económica, Yoya Blanco.
O mercado volverá en horario de 9.00 a 14.30 horas e desde o Concello agardan que os asiduos a esta clásica cita dominical "gocen dela con sentidiño".
Relacionadas:
-
Así reabriu o mercado de antigüidades da rúa Serra
Por Redacción |
-
O espazo gastronómico do Mercado sae da hibernación
Por Redacción |
-
Estribela recuperará o mércores o seu mercado ambulante
Por Redacción |
-
O gastromercado terá terraza ao aire libre na rúa Serra
Por Alejandro Espiño |
-
O primeiro día da feira ambulante tras o estado de alarma desenvolveuse "con total tranquilidade"
Por Almu Dapena |