Cuntis repetirá experiencia de ter unha brigada de loita contra os incendios e busca 8 traballadores
Por Redacción
O Concello de Cuntis repetirá este ano unha experiencia que considera que resultou positiva e volverá contar este verán cunha brigada de prevención e loita contra incendios forestais. Para a súa posta en marcha, esta semana pon en marcha un proceso de selección de persoal para cubrir oito postos de traballo.
A contratación desta brigada forestal derívase do convenio asinado no mes de xaneiro entre o Concello de Cuntis e a Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais, que establece unha colaboración autonómica de 49.000 euros para a contratación do persoal por 3 meses a xornada completa.
O servizo entrará en funcionamento o 1 de xullo e estará operativo ata o 30 de setembro, cubrindo o período estival de maior risco de incendios e eses tres meses de contrato para un capataz forestal, catro peóns forestais e tres condutores de camión motobomba.
O prazo para que os aspirantes aos postos de traballo presenten as súas solicitudes quedará aberto esta semana e finalizará o 23 de xuño. Unha vez rematado a prazo de presentación de solicitudes, publicarase un listado provisional e darase un prazo de dous días para subsanar posibles deficiencias. Transcorridos estes días, presentarase un listado definitivo e fixarase data, lugar e hora para a realización dunha proba física.
Na segunda fase teranse en conta os méritos de cada persoa aspirante e a súa situación de desemprego. Tamén se avaliará o coñecemento da lingua galega e para os postos de condutor de motobomba realizarase un exame práctico de manexo de camión. Para o posto de capataz forestal o aspirante deberá contar con algunha titulación universitaria ou de técnico superior en materia forestal ou paisaxística e para os de condutor os candidatos deberán estar en posesión do carné de conducir B.
Entre as tarefas que realizará a brigada atópase a extinción de lumes, a vixilancia e defensa forestal e a realización de traballos de prevención de xeito manual mediante tratamentos silvícolas rozas, rareos e eliminación de restos en zonas nas que non se pode actuar con medios mecánicos. Tamén realizarán actuacións mecanizadas mediante rozas ao efecto de diminuír a carga combustible.
Relacionadas:
-
Cuntis repetirá brigada anti incendios este verán e empeza a buscar persoal
Por Redacción |
-
Tres incendios intencionados calcinan dúas hectáreas de monte en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis esixe á veciñanza que limpen con urxencia as fincas en mal estado
Por Redacción |
-
Segundo incendio forestal en Cuntis en menos dun mes
Por Oskar Viéitez |
-
A comarca de Pontevedra prepárase para a loita contra o lume
Por Manu Otero |
-
Cuntis contratará oito personas para tarefas de prevención de incendios forestais
Por Redacción |