"Sorpresa" na Deputación ante as críticas da alcaldesa de Moraña pola estrada Mane-Rebón
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra está a avanzar actualmente na redacción do proxecto para a estrada provincial EP-0503 no tramo Mane-Rebón, no concello de Moraña.
É a resposta da administración provincial ás críticas da alcaldesa, Luisa Piñeiro, por acometer un asfaltado no tramo pertencente a Barro.
Segundo a Deputación, está a cumprirse coa redacción do proxecto o acordo alcanzado entre ambas as institucións nunha reunión o pasado mes de febreiro. Ese proxecto foi entón licitado pero non puido ser adxudicado ata maio debido ás limitacións impostas pola crise sanitaria e o estado de alarma.
Segundo o deputado de infraestruturas, Gregorio Agís, acordouse no seu momento que cando se finalizase a redacción do proxecto volvería reunirse, pero mentres tanto unha vez levantadas as restricións do Covid-19 realizáronse labores de mantemento, limpeza de rozas e cunetas, e mesmo se procedeu a renovar a sinalización horizontal no tramo en discordia.
Agís mostrou a súa "sorpresa, desagrado e finalmente enfado, xa que é incomprensible que cando estamos a cumprir escrupulosamente co acordado, a alcaldesa poida saír cuestionando o que está falado e pactado directamente con ela".
Relacionadas:
-
Rebón estrea unha nova praza pública e 2,5 quilómetros de camiños renovados
Por Redacción |
-
A alcaldesa de Moraña acusa á Deputación de levar cinco anos "mareando" coa estrada Mane-Rebón
Por Oskar Viéitez |
-
A alcaldesa de Moraña critica que a Deputación só asfaltase a estrada Mane-Rebón no treito pertencente a Barro
Por Redacción |
-
A Deputación e o Concello de Moraña planifican actuacións nas vías provincias ata o ano 2023
Por Oskar Viéitez |