Bará prevé un resultado "histórico" para o BNG nas eleccións galegas
Por Alejandro Espiño
Todas as enquisas amosan unha subida na intención de voto ao BNG de cara ás eleccións galegas do 12 de xullo. Esta tendencia, que segundo Luís Bará é "imparable", fai prever ao candidato nacionalista por Pontevedra que o resultado será "histórico" para eles.
Aínda que recoñece que as enquisas "só amosan tendencias", Bará ve na figura de Ana Pontón, como expón o estudo do CIS, como a "líder alternativa" a Alberto Núñez Feijóo.
O candidato por Pontevedra fixo un chamamento á mobilización dos galegos e indicou que para o BNG é "fundamental" a mobilización do voto urbano, do voto da mocidade e dos "descontentos" que queren un cambio político en Galicia.
"Hai unha grande corrente de apoio e simpatía ao BNG que nos pode levar a non ser segundos, senón a liderar este país para darlle un grande impulso e convertelo no país que a maioría do pobo quere", engadiu Bará.
As expectativas, destacou o dirixente nacionalista tras una reunión co seu equipo electoral, "son máximas", polo que avanzou que o BNG vai a "intensificar e acelerar" a súa campaña para conseguir "facer historia" e situar a Pontón como presidenta da Xunta.
"Sería algo beneficioso que daría unha mensaxe ao mundo do que quere ser este país", defendeu Luis Bará que, entre outros, estivo acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O alcalde coincide en que este cambio político da Xunta daría a Pontevedra un impulso "absolutamente necesario" para seguir transformando a cidade, xa que ata o de agora "fomos quen de facer todo sen practicamente apoio doutras institución".
Relacionadas:
-
Bará pide en Bueu o apoio para o BNG de Ana Pontón como a única esperanza para o voto galeguista
Por Redacción |
-
A carreira electoral ata o 12X arranca en Pontevedra cunha atípica pegada de carteis
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O 'espírito de fraternidade' de Castiñeiras para mobilizar ao electorado do BNG no 12X
Por Redacción |
-
Bará avoga por recuperar o proxecto do 'Viario do Vao' para aliviar o tráfico na Barca
Por Redacción |
-
Un 'Amazon galego' e axudas aos autónomos, apostas de Bará para o comercio post Covid-19
Por Redacción |
-
Bará, cabeza de lista do BNG por Pontevedra, expón as propostas do seu partido para a mocidade
Por Redacción |