Entregan 3.500 euros acadados na Ruta Montes e Praias en beneficio da Asociación contra o Cancro
Por Redacción
O 8 de marzo, Marín acollía a edición da Ruta Montes e Praias na que participaban 700 persoas para percorren nunha andaina popular unha distancia de 15 quilómetros e o roteiro de 25, que se inclúe no Open de Andainas de 25 km. de Galicia.
Pero esta andaina deportiva tamén contaba cunha finalidade solidaria e a organización acadaba unha cantidade de 3.500 euros que, este xoves, a concelleira de Turismo de Marín Cristina Acuña entregaba nun cheque a representantes da Asociación contra o Cancro do municipio.
Desde a asociación agradeceron o esforzo e a axuda económica tanto ao Concello como a todas as persoas que colaboraron e organizaron este evento. Este 2020, a cita coincidía co Día Internacional da Muller e, segundo o goberno local, ademais de visibilizar o lema 'Camiñando en igualdade contra o cancro', a andaina deportiva tamén foi un elemento para promover a importancia do papel que desenvolven as mulleres na sociedade.