Este sábado 20 comeza a veda da centola e do boi na provincia
Por Redacción
A veda da centola e do boi comeza este sábado 20 de xuño en toda a parte do litoral atlántico galego, desde A Guarda ata Corrubedo e desde o cabo Corrubedo ata o cabo de Estaca de Bares, segundo informan desde a Consellería do Mar.
A resolución vén determinada no plan de xestión destas especies para a campaña durante os anos 2020 e 2021, que establece un período de veda para este ano tanto na provincia de Pontevedra como da Coruña desde as 00.00 horas do sábado 20 de xuño ata as 00.00 horas do domingo 8 de novembro.
Con esta decisión, queda totalmente prohibida a captura destas especies de crustáceos por parte das embarcacións de calquera arte. No caso das embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retirar estes aparellos e trasladalos ao porto.
Con esta veda, a Xunta de Galicia quere aumentar a biomasa e regular a pesca da centola e do boi para axustar a xestión destas especies ao seu ciclo de vida para protexer a súa reprodución coa intención de que manter unha explotación máis equilibrada.