O Concello de Marín amplía a tempada de furanchos ata o 31 de xullo
Por Redacción
A tempada de furanchos no Concello de Marín estenderase até o 31 de xullo. Así o anunciaron este venres os concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña, que explicaron que se trata dunha medida excepcional para poder paliar os meses de parón do confinamento derivados da pandemia producida polo Covid-19.
Esta posibilidade de ampliar a tempada en situacións excepcionais xa está contemplada na ordenanza municipal, polo que non supón ningún problema burocrático facelo nin é necesario tramitar unha modificación do documento regulador.
Tal e como explican os edís, "estes locais terán que cumprir coas mesmas medidas sanitarias de prevención e hixiene que o resto da hostalaría".
Así mesmo, durante a reunión fíxose entrega de catro novas autorizacións de apertura, que sumadas ás que xa había son un total de 12.
Desta maneira, o listado dos furanchos autorizados será: A do Maño, en A Brea 4; Antonio, en Allariz 19; Víctor, en Castro 41; A do Currante, en Moledo 39B; Amancio, en Ameal 42; Do Chanco, en Pastoriza 9; A Palmeira, en Miñán 8; Marcial, en Casás 29B; Charo, en Ruanova 8; Do Conde, en Ameal 3B; Da Carteira, en Ameal 46: e A do Crego, en Miñán 22.
Relacionadas:
-
Marín fai público a listaxe dos catorce furanchos que poderán abrir ata o 31 de xullo
Por Redacción |
-
A Xunta invita os furancheiros a solicitar nos Concellos a apertura dos seus establecementos ata o 31 de xullo
Por Redacción |
-
Pontevedra solicita á Xunta que permita abrir os furanchos no verán
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
As familias furancheiras alertan de que perderán os remanentes de viño se non lles amplían as datas de apertura
Por Anxo Lourido |