Marín apura a selección dos socorristas que vixiarán as súas praias este verán
Por Redacción & Mónica Patxot
Desde as dez da mañá, a praia de Mogor converteuse nun campo de probas. Marín puxo en marcha o proceso para seleccionar aos socorristas que, durante todo o verán, velarán pola seguridade nas pratas do municipio.
No medio dun estrito protocolo de seguridade para manter as distancias e evitar aglomeracións, os participantes, que foron seleccionados pola oficina de emprego de Pontevedra, foron completando as diferentes probas previstas.
Así, entre outras destrezas, os aspirantes a socorristas tiveron que realizar unha proba de natación de 250 metros e, a continuación, unha carreira pola area duns 150 metros. Todo iso ataviados co material de traballo que terán este verán.
O segundo exercicio consistiu nunha proba teórica con preguntas relativas ao desenvolvemento da súa actividade profesional.
Entre todos os aspirantes, Marín seleccionará a 21 socorristas, tres patróns para as embarcacións de rescate e un coordinador de todo o servizo.
Para a praza de coordinador, ademais, os aspirantes tiveron que pasar unha proba psicotécnica, un test de personalidade e unha entrevista persoal para avaliar as súas calidades, competencias e capacidades para organizar ao grupo de socorristas.
Relacionadas:
-
Portocelo, Mogor e parte de Aguete estrean xullo con socorristas
Por Redacción |
-
As praias de Cabeceira e Xiorto contarán con seis socorristas a partir do vindeiro 1 de xullo
Por Redacción |
-
Un semáforo informará do nivel de aforo das praias de Marín
Por Redacción |
-
RADIO.- "Gocemos moito das praias, pero con sentidiño, non esquezamos o que pasou"
Por Marisa Ciordia |
-
O Concello de Sanxenxo denuncia as pintadas en cinco módulos de praias
Por Redacción |
-
Mogor acollerá as probas de selección de socorristas e patróns de embarcacións para a tempada estival
Por Redacción |
-
Os socorristas advirten do risco de que algún Concello quede sen vixiantes nas súas praias este verán
Por Manu Otero |
-
Marín estudará "en profundidade" adherirse á plataforma para controlar o acceso ás praias
Por Redacción |