Reforzan os equipos de limpeza para acondicionar os parques de Sanxenxo
Por Redacción
Quince operarios traballarán este verán para que os espazos públicos de Sanxenxo, principalmente as pistas rurais e os parques, estean en perfectas condicións.
A situación de alerta sanitaria e as choivas, segundo o Concello, atrasou os traballos que cada ano realízanse co inicio da primavera, ao ter que dar prioridade á desinfección dos espazos e edificios públicos.
Pasado o estado de alarma, o goberno municipal reforzou este servizo tanto en persoal como en material para axilizar a roza e acondicionamento destes espazos.
O departamento de Parques e Xardíns contratará a 9 operarios que se sumarán ás seis persoas que habitualmente realizan estas tarefas de acondicionamento. O persoal dividirase por equipos de traballo para poder alcanzar as sete parroquias do municipio e irán rotando de formal semanal.
En canto aos medios materiais, o Concello contratou durante un mes o servizo dunha rozadora que se sumará á do servizo municipal, chegando a coincidir ata catro coas rotatorias da Mancomunidade do Salnés e da Deputación de Pontevedra.
Nas últimas semanas, xa se acondicionaron os accesos aos areais do municipio e realizáronse rozas de camiños en distintos puntos do rural e parques.
Tamén está previsto iniciar a próxima semana o acondicionamento dos espazos públicos e as zonas verdes do polígono empresarial de Nantes.
Relacionadas:
-
Tímida chegada da 'nova normalidade' aos parques: "Non se podía vir porque o coronavirus é malo, sobre todo para os avós"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Establecen zonas de preferencia peonil no paseo de Silgar e Rafael Picó
Por Redacción |
-
Sanxenxo incorpora vinte operarios de xardíns, praias e servizos ao seu persoal municipal
Por Redacción |