Pide axuda tras sufrir tres accidentes en seis meses no muro da súa casa: "en cualquier momento ocurre una desgracia"
Por Almu Dapena
Os veciños da Avenida das Sinas, en Vilanova de Arousa, xa están cansados de que se repita a mesma escena unha e outra vez.
No que vai de ano xa presenciaron tres accidentes, dous deles sinistro total, de vehículos que se chocaron contra o muro dunha das vivendas que se atopan na curva desa estrada.
"Por suerte siempre ocurren por la noche y no hay gente en el jardín", explica o propietario. Segundo el, a casa leva uns 60 anos aí e sempre houbo accidentes esporádicos, pero reformáronlle o muro despois do sinistro de hai uns meses e agora vólvese a atopar con que ten que volver cambialo.
Este último sinistro ocorreu durante a noite deste venres e non houbo feridos pero "casi entran en la casa". Ademais tiveron que actuar atestados de Pontevedra, o 112 e unha ambulancia.
En canto ao resto de accidentes, o veciño relata que algúns foron causados polo alcol, pero o último, en concreto, foi por exceso de velocidade, por iso toda a veciñanza reclama á Deputación que coloquen algún badén ou sinalización luminosa. "Se trata de una necesidad, en cualquier momento ocurre una desgracia". De feito, esta semana case atropelan a unha das veciñas da zona cando ía tirar o lixo "los coches se salen de la vía y suben a la acera".
Este problema só ocorre en dirección Vilagarcía-Vilanova, onde o badén máis próximo atópase "a unos 500 metros", por iso ven necesario que poñan un antes da curva para obrigar aos coches para reducir a velocidade e así aforrarse este tipo de situacións