Así reabriu o mercado de antigüidades da rúa Serra
Por Redacción
O tradicional mercado de antigüidades regresou á rúa Sierra este domingo 21 de xullo en horario de 9.00 a 14.30 horas.
Estiveron habilitados un total de 39 postos de venda que tiveron que gardar entre si unha distancia lateral de 3,5 metros e frontal de 6 metros.
O itinerario foi cun sentido único de circulación, delimitado mediante cinta de precinto, para así evitar as posibles aglomeracións de clientes.
Tamén se instalaron dispensadores de hidrogel nas zonas de entrada e saída e colocáronse plásticos para cubrir os artigos á venda nos postos, obrigando, desta maneira, a que fose só o vendedor o que manipulase os obxectos que interesaban aos clientes.
Estes protocolos de seguridade tamén se aplicaron ás feiras da Xunqueira e de Estribela, segundo garantiu a edil de Promoción económica, Yoya Blanco.