Proxectan a creación dunha senda peonil en Tenorio cun investimento de 54.000 euros
Por Redacción
A senda peonil en Tenorio será realidade en breve, segundo anuncia o Concello de Cerdedo-Cotobade, para mellorar a seguridade viaria nesa zona de actividade escolar e deportiva, na que se atopan o instituto, o colexio público, a escola infantil e o pavillón municipal, entre outros equipamentos públicos.
Para esta intervención, o Concello investirá 54.200 euros, procedentes do Plan Concellos da Deputación, para crear unha zona de paseo de preto de 200 metros de lonxitude. Ademais van realizarse outras obras para completar a mellora de todo esta contorna co soterramento da liña eléctrica aérea e o traslado de sete postes do tendido, a rede telefónica e a iluminación municipal. Estes postes, segundo recoñece o goberno local, invaden a calzada desde que se acometeu o retranqueo do muro do centro escolar.
As luminarias pasarán a ser Led para mellorar a iluminación e reducir o consumo. Instalarase unha sinalización horizontal e vertical, que reforce a seguridade. Tamén van establecerse barreiras de PVC de 75 centímetros que separen a zona peonil da calzada.
A senda construirase nun lateral da vía, na zona que actualmente se atopa con terra. Pavimentarase en cor cunha anchura de 1,90 metros. Tamén na zona próxima ao polideportivo daráselle continuidade para favorecer o tránsito dos escolares entre o colexio e a instalación deportiva.
Está prevista a creación dunha cuneta lateral, que recolla as augas, cunha canalización que evite correntes de augas pluviais que adoitan proceder do pavillón de deportes. Instalaranse tamén contedores soterrados.
O goberno local anuncia a apertura de licitación en breve, despois de que se realizaron as tramitacións administracións previas.
Relacionadas:
-
A humanización da nova senda peonil de Tenorio xa está rematada
Por Redacción |
-
Comezan as obras da nova senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Adxudicada en 39.320 euros a senda peonil en Tenorio
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade saca a contratación a senda peonil de Tenorio
Por Redacción |
-
Clubs, ANPA e Concello acordan a remodelación integral da pista deportiva exterior de Tenorio
Por Redacción |
-
Comeza a implantación da fibra óptica por Tenorio e Viascón
Por Redacción |
-
A senda peonil de Tenorio estará en construción neste mesmo ano
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade proxecta unha senda peonil en Tenorio para mellorar a seguridade na zona escolar e deportiva
Por Redacción |