Barro esixe ao Sergas o regreso do pediatra ao seu centro de saúde
Por Redacción
Desde hai meses, con motivo da crise sanitaria, o centro de saúde de Barro perdeu ao seu pediatra. A consulta deste facultativo trasladouse a Lérez (Pontevedra) para atender as posibles necesidades asistenciais provocadas pola pandemia da COVID-19.
Pasado o peor desta crise, o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, esixiu ao Servizo Galego de Saúde que reabra a consulta de pediatría no municipio.
Fernández Abraldes, a través dunha carta remitida ao xerente da área sanitaria de Pontevedra, lembra que unha vez que se entrou na etapa de nova normalidade, xa finalizaron as "circunstancias excepcionais" que provocaron este cambio.
"Desde Barro non aceptamos que se utilice a crise sanitaria para suprimir de facto a consulta deste servizo fundamental do centro de saúde do noso concello", engade o alcalde.
O goberno municipal lembra que esta medida adoptouse por criterios organizativos e de necesidade de espazos e que, a partir de agora, é obrigado retomar a normalidade.
Relacionadas:
-
Compromiso adquirido para recuperar o servizo de Pediatría en Barro
Por Anxo Lourido |
-
O PP sumase a veciñanza de Barro para esixir ao Sergas o servizo de Pediatría
Por Oskar Viéitez |
-
Indignación en Barro pola falta de pediatra no Centro de Saúde
Por Oskar Viéitez |
-
O Grove reclama reforzos para o centro de saúde ante a chegada dos turistas
Por Redacción |
-
Os nenos de Meis e Meaño serán atendidos polo pediatra en Baltar durante o verán
Por Redacción |
-
Os socialistas denuncian que "a Xunta de Feijóo" ten máis de mil sanitarios menos que con Touriño
Por Redacción |
-
Barro pide unha reunión con Sanidade para coñecer os plans para o futuro centro de saúde
Por Redacción |