O Grove reclama reforzos para o centro de saúde ante a chegada dos turistas
Por Redacción
O reparto de quendas de traballo para o verán no centro de saúde do Grove, denuncian desde o Concello, non contempla persoal para a cobertura de desprazados nin reforzos de tarde para xullo e agosto. De aí que o goberno municipal reclame que se corrixa esta situación.
A través dunha carta remitida ao xerente da área sanitaria de Pontevedra, o goberno municipal reclama que se reforce o cadro de persoal do centro de saúde durante o verán.
O Concello considera que esta carencia é "especialmente grave" no momento actual onde, ademais do fluxo de turistas que pasan as vacacións na localidade, debe terse en conta a especial problemática derivada da COVID-19.
O servizo de médicos para desprazados leva ofrecéndose no centro de saúde do Grove dende hai 40 anos e esta sería a primeira vez, denuncian desde o goberno municipal, que non se contara con el ou con médicos de reforzo.
A día de hoxe a previsión é dunha ocupación do 80% da prazas de aloxamento da localidade, o que supón triplicar os habitantes da localidade.
Atender a nivel sanitario este número de persoas co mesmo persoal que normalmente trata aos residentes de todo o ano "resulta cando menos, unha inconsciencia", sinala o Concello.
Ademais, os profesionais consultados polo Concello indican que, especialmente este ano, é importante contar con atención específica para os visitantes evitando a mestura do doentes da localidade cos foráneos e conseguindo, deste xeito, minimizar posibles problemas.
Ante iso, o Concello solicita o reforzo e ampliación dos servizos de verán e a incorporación o antes posible deste persoal, desde o 10 de xullo ao 15 de setembro como mínimo.
Relacionadas:
-
O Grove reitera as queixas diante do "total abandono" do centro de saúde do municipio
Por Redacción |
-
O goberno meco aplicará "man dura" para vixiar o uso de máscaras e a celebración de 'botellóns'
Por Redacción |
-
O 061 estrea base nas instalacións do PAC de Marín
Por Anxo Lourido |
-
Barro esixe ao Sergas o regreso do pediatra ao seu centro de saúde
Por Redacción |
-
Os nenos de Meis e Meaño serán atendidos polo pediatra en Baltar durante o verán
Por Redacción |