324.000 euros para rematar as obras de humanización da Seara
Por Redacción
O proxecto para mellorar a contorna do núcleo da Seara, na parroquia de San Xoán, era aprobado este martes 23 pola comisión de Urbanismo do Concello de Poio.
Esta obra quedara sen finalizar porque a empresa Nexia Infraestruturas cesou os traballos, sen aviso previo/previo aviso, a principios de 2020. Unha vez que se tramitou a rescisión do contrato coa empresa adxudicataria, agora o goberno local ten previsto sacar a licitación esta actuación, coa inclusión de melloras.
O orzamento supera os 324.000 euros e quérese acometer a reforma da rede de saneamento, coa incorporación dun sistema de manga, que garanta o correcto funcionamento nos próximos anos.
Repararanse as pontes da contorna e mellorarase o estado do firme de pedra actual. A tenente de alcalde, Chelo Bicada, indica que os traballos se atopa completados en case un 80% da intervención prevista, segundo os informes dos técnicos municipais.
O goberno tripartito tamén ten previsto sacar a licitación en breve a obra de creación dun novo vial da Caeira, outra actuación que Nexia deixou de executar.
CAMIÑO LAMOSEIROS
Pola súa banda, o portavoz do PP, Ángel Moldes, comprobaba estes días o estado do asfalto do Camiño Lamoseiros, en Campelo, ao recoller as queixas da veciñanza e reclamaba á comisión de Urbanismo o asfaltado urxente desta zona.
Tamén solicita que se adopte algunha medida de acougado de tráfico, nunha zona onde o firme presenta numerosas irregularidades e fochancas.
Relacionadas:
-
Marconsa executará as obras de mellora da Seara cun orzamento de 290.000 euros
Por Redacción |
-
A circulación na Seara volverá a ser de sentido único mentres non se retoman as obras de humanización
Por Redacción |
-
O Concello convoca aos veciños da Seara para informar da situación da obra de Nexia
Por Redacción |