As praias de Sanxenxo estarán vixiadas por 132 persoas este verán
Por Redacción
Ata 132 persoas, entre socorristas, sanitarios e vixiantes de apoio, serán os encargados de controlar a seguridade nas praias de Sanxenxo durante este verán.
Como é habitual serán Areas, Silgar, Canelas e Montalvo, os catro primeiros areais que contarán con servizos a partir do próximo venres. A partir do 3 de xullo sumaranse a este despregamento os trece restantes con bandeira azul.
Serán 60 socorristas, 20 sanitarios e 52 informadores de ocupación os que se distribúan polas distintas praias, segundo necesidades e dimensión do areal, para garantir a seguridade este verán.
O goberno local convocou este ano unha bolsa de emprego para praias que contou cunha gran participación e que permite ter en reserva, ademais dos que xa se van a contratar, a dez socorristas, 30 controladores de aforo e 31 sanitarios.
A vixilancia dos areais realizarase por terra, mar e aire. Así, cada praia con bandeira azul contará con socorristas, sanitarios, informadores de ocupación e drons que vixiarán o estado das praias.
O Concello sacou a concurso a adquisición de catro drons, equipados con cámaras térmicas e megafonía, que sobrevoarán as praias ofrecendo ao instante unha imaxe do nivel de ocupación dos areais. A intención é que estean operativos a primeira semana de xullo.
Serán os propios axentes da Policía Local o que se encarguen de pilotar estes drons e de coñecer o estado das praias para tomar as decisións que conveñan dependendo da situación.
O goberno local reservou, a través de Nauta, unha partida de 42.000 euros para a compra destes drons
En canto aos horarios, os informadores de ocupación estarán na praia de Silgar de 10 a 20 horas, e no resto das praias, de 12 a 20 horas, coincidindo co resto de servizos.
Esta nova figura encargarase de facilitar ás persoas que acudan ao areal atopar o espazo que lle permita manter a distancia de seguridade recomendada.
A este respecto, Sanxenxo prohibirá os xogos en grupo, realizar comidas que supoñan un despregamento de mobiliario no areal e inhabilitáronse os lavapés.
Relacionadas:
-
A nova figura do verán de Sanxenxo: "Somos informadores, non somos policías de praia"
Por Natalia Puga |
-
Proban en Areas o dron que controlará a ocupación das praias en Sanxenxo a partir desta semana
Por Redacción |
-
Os bañistas de Silgar 'escapan' das áreas parceladas
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Sanxenxo incrementa o equipo dos seus socorristas para o verán post Covid-19
Por Redacción |
-
O izado da bandeira azul e a estrea dos socorristas marcan o inicio da tempada estival
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
VÍDEO.- As praias da ría izan as súas bandeiras azuis
Por Redacción |
-
As praias de Cabeceira e Xiorto contarán con seis socorristas a partir do vindeiro 1 de xullo
Por Redacción |
-
Os socorristas de Sanxenxo negan ser os autores das pintadas nos módulos das praias
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo denuncia as pintadas en cinco módulos de praias
Por Redacción |
-
Haberá 'toque de queda' en Silgar e non se poderá comer nin xogar á pelota nas praias
Por Alejandro Espiño |
-
Prueban en Silgar un sistema de intelixencia artificial para controlar o aforo nas praias
Por Redacción |