Reclaman que se cubran as 48 vacantes no centro penitenciario da Lama
Por Redacción
Só sete das 48 vacantes que existen no cadro de persoal do centro penal da Lama serán cubertas no concurso de traslados aberto pola Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias. Unicamente dúas, ademais, son para a área de vixilancia interior.
Por iso, os sindicatos con representación no cárcere pontevedrés, ACAIP-UXT, CCOO, CIG, CSIF e ATP, quixeron visibilizar o seu "descontento" e reclamar que se cubran todas as prazas.
Xunto a este déficit de persoal, os sindicatos denuncian que a carga de traballo incrementouse "especialmente" nos módulos cos internos máis conflitivos, cun maior perigo e inadaptados ao réxime ordinario de vida.
Isto é debido a que durante o estado de alarma chegaron á prisión da Lama quince novos internos con esta tipoloxía procedentes doutros cárceres, onde xa protagonizaran "graves incidentes".
Esta situación, segundo os representantes dos traballadores, está a ser afrontada con pouco persoal, cunha idade media de 51 anos e coa "parsimonia" das autoridades penitenciarias para dotalos de medios de protección ante a COVID-19.
Relacionadas:
-
Un interno da Lama causa dous incendios na súa cela en 7 horas e ameaza e golpea aos funcionarios
Por Redacción |
-
Interior aísla o centro penitenciario da Lama polo coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadores do cárcere da Lama salvan a tres reclusos nun día
Por Oskar Viéitez |
-
Os reclusos do centro penal da Lama lembran a Concepción Arenal
Por Redacción |