Inscritas 200 persoas para a edición on line de "As mulleres que opinan son perigosas"
Por Oskar Viéitez
Co mesmo obxectivo que en edicións anteriores, a visibilización das mulleres xornalistas como formadoras de opinión, todo xa está listo para o arranque este venres, ás 17.00 horas, dunha nova edición de "As mulleres que opinan son perigosas".
Preto de 200 persoas están inscritas para participar nesta edición que será on line nestes tempos de Covid, pero que contará con oito poñentes que reflectirán sobre as consecuencias da crise sanitaria no xornalismo, especialmente nas profesionais.
Promovido polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López e cofinanciada un ano máis pola Deputación e polo Concello de Pontevedra, esta edición volverá a contar con mulleres referentes do panorama xornalístico galego e estatal.
Entre a tarde deste venres e o sábado pola mañá, amais das organizadoras, participarán Claudia Morán e Tamara Montero de Xornalistas Galegas; Clara Jiménez de Maldita.es; Magda Bandera, de La Marea; Noemí López Trujillo de Newtral.es; Ángeles Caballero de El Confidencial, Onda Cero, La Sexta e 24 Horas; e as galegas Sara Vilas e Selina Otero de Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.
O encontro comezará este venres ás 17 horas, se desenvolverá vía Zoom e poderá seguirse na web e nas redes Sociais da Deputación de Pontevedra.
As inscricións poden facerse a través das web oficiais de Deputación e do Concello de Pontevedra.