A importancia da celulosa para superar a crise económica
A crise sanitaria causada polo coronavirus, coas graves consecuencias que tivo na poboación mundial, está a xerar outra emerxencia, aínda de proporcións descoñecidas: a crise económica e social. E a todo iso súmase outro reto de proporcións globais, como é a loita contra o quecemento global e pola saúde do planeta.
A solución a todos estes desafíos pasa por impulsar unha economía sostible, un modelo baseado na eficiencia, o coidado do medio ambiente, que sexa inclusivo e que xere beneficios a curto, pero tamén a medio e longo prazo, desde unha visión de conxunto. Unha "recuperación verde" que pode contar coa celulosa como un aliado esencial.
A celulosa é unha fibra natural, renovable, reciclable e versátil, que, cunha produción sostible e medioambientalmente respectuosa, é a base de numerosos produtos que serán necesarios neste proceso de recuperación económica. É capaz de substituír ás fibras sintéticas, producidas a partir de petróleo, en multitude de aplicacións, o que a converte nun material de futuro nesta nova bioeconomía.
Ence, como empresa líder en Europa en produción de celulosa de eucalipto, aposta firmemente por esta fibra como unha alternativa sostible ao plástico e a outros derivados do petróleo, contribuíndo deste xeito a cambiar o modelo de consumo da sociedade e ofrecendo alternativas renovables e cunha menor pegada de carbono.
Ence, como membro da Confederación de Industrias Papeleiras Europeas (CEPI, polas súas siglas en inglés), avanzou nesta nova economía, a través da Alianza Europea para unha Recuperación Verde. Trátase dun compromiso conxunto para impulsar solucións sostibles na estratexia da Unión Europea para a recuperación tras a crise sanitaria causada polo coronavirus.
A contribución da celulosa vai máis aló de servir como alternativa ecolóxica a outros produtos. A súa subministración xera un número moi importante de empregos directos, indirectos e inducidos. Das biofábricas de Ence en Pontevedra e Asturias dependen máis de 11.000 familias. Un emprego estable e de calidade, que se mantivo integramente durante a crise do Covid-19 grazas ás medidas de prevención e seguridade aplicadas de maneira temperá, desde o 24 de febreiro, na compañía.
As biofábricas de Ence achegan, ao mesmo tempo, riqueza no mundo rural, grazas ao impulso do sector forestal xerado polo abastecemento de madeira como materia prima para a subministración de celulosa. Cabe destacar o caso de Galicia, onde a venda de madeira para a produción de celulosa é unha das principais fontes de ingresos da poboación rural.
Cada ano, uns 80.000 dos máis de 600.000 propietarios forestais facturan preto de 300 millóns de euros polas vendas da súa madeira, dos cales máis de 180 millóns corresponden ao eucalipto. Ademais, empréganse outros 400 millóns anuais en cortar e transportar a mencionada madeira.
Ademais, as biofábricas de Ence caracterízanse por realizar un cumprimento exhaustivo e rigoroso da normativa vixente en materia ambiental. Mediante un modelo de xestión baseado na economía circular, Ence Pontevedra conseguiu valorizar o 99% dos seus residuos, reintroducíndoos na súa cadea de valor para darlles unha nova vida. Por este motivo, a biofábrica de Lourizán obtivo en 2019 o certificado "Residuo Cero" concedido por Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR). Este recoñecemento sumouse a outros que a planta de Pontevedra xa conseguira, como a ecoetiqueta Nordic Swan por cumprir cos criterios máis esixentes de respecto ambiental, ou a Distinción Ouro da Comisión Europea, concedida á biofábrica en recoñecemento á súa mellora ambiental durante os últimos 15 anos.
En definitiva, a celulosa posiciónase como un material esencial e de futuro, cun gran potencial aínda por explorar, e que supón unha alternativa sostible e xeradora de emprego estable e de calidade. Cumprirá, deste xeito, un importante papel na recuperación económica que xa estamos a enfrontar.
Relacionadas:
-
Ence aposta polo I+D+i para o desenvolvemento de produtos sostibles
Por Noticia patrocinada |
-
Bioeconomía forestal, fronte á crise enerxética e climática
Por Noticia patrocinada |
-
Ence: contribución á bioeconomía, a economía circular e a transición enerxética
Por Noticia patrocinada |
-
Ence contribúe á loita contra a exclusión social en Pontevedra
Por Noticia patrocinada |
-
A recuperación do rural a través de tres experiencias vinculadas ao sector forestal
Por Noticia patrocinada |
-
Ence achega ao rural de Galicia máis que as dúas liñas de fondos da PAC
Por Noticia patrocinada |
-
Ence reforza a análise do terreo na súa biofábrica de Pontevedra ante o desmantelamento de Elnosa
Por Noticia patrocinada |
-
Ence Pontevedra segue xerando emprego durante a crise sanitaria
Por Noticia patrocinada |
-
Ence reforza as súas accións en Pontevedra na loita contra o coronavirus
Por Noticia patrocinada |
-
Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Por Noticia patrocinada |